Inicio Galicia Cores Tourís visita as actuacións executadas dentro do Plan Marco no concello...

Cores Tourís visita as actuacións executadas dentro do Plan Marco no concello de Forcarei

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou os camiños de Cruceiro, Valadares e As Lagoas na parroquia de Meavía aos que se destinaron un total de 84.000 euros


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá en Forcarei as obras executadas dentro do Plan Marco 2017-2018 a través das cales puidéronse mellorar os camiños de Cruceiro e Valadares, onde se investiron 84.000 euros. Na visita estivo acompañado pola alcaldesa do municipio, Belén Cachafeiro, e polo xefe territorial de Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo.

A obra consistiu na mellora dos firmes dos tres camiños incluídos no proxecto: o que vai dende Cruceiro aos Campos, o camiño de Valadares e o que enlaza Valadares coa Lagoa, todas elas na parroquia de Meavía. En total, desenvolveuse unha intervención ao longo de 3,5 quilómetros, cun ancho medio de firme que vai dende os 5,70 ata os 3,85 metros.

Os traballos de mellora que se levaron a cabo supuxeron a limpeza e aplicación de aglomerado en quente nos camiños así como a aplicación dunha dobre rega asfáltica. O delegado territorial destacou que o concello de Forcarei xa a está a traballar nos proxectos para as próximas obras do Plan Marco, que permitirán mellorar a estrada da Mamoa na parroquia de Castrelo e a de San Bartolomeu en Pereira. Segundo apuntou José Manuel Cores Tourís, o Plan Marco ten como “obxectivo ampliar, mellorar ou manter os camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso dos agricultores e gandeiros as súas parcelas”. Deste xeito, facilitarase a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais incluíndo tanto actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes. Quedan excluídas, en cambio, as actuacións en rúas interiores, dentro dos núcleos de poboación.

En total, para a provincia de Pontevedra, o investimento do Plan Marco ascenderá no presente 2018 a algo máis de 3,2 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre