Inicio Galicia Cores Tourís trasladou ao alcalde de Vilanova de Arousa o traballo que...

Cores Tourís trasladou ao alcalde de Vilanova de Arousa o traballo que a Xunta está a realizar para dar unha solución aos usuarios da residencia Valle Inclán

0

O delegado territorial en Pontevedra desprazouse esta mañá ao concello arousán co obxectivo de analizar co rexedor a situación e recordarlle que existe unha sentenza xudicial que avala a clausura do centro e que a administración autonómica debe cumprir

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, para trasladarlle o traballo que a Administración autonómica está a realizar para dar unha solución aos usuarios da residencia Valle Inclán. Na reunión estivo tamén presente o tenente de alcalde da vila, Javier Tourís.

Cores Tourís trasladoulle a ambos responsables municipais que os técnicos da Xunta están a valorar a todos os usuarios que se atopan nesta residencia, “de cara a coñecer a súa situación e capacidade” co obxectivo de coñecer cantos poden acceder a unha residencia pública.

Recordou o delegado territorial que o cese da actividade deste centro foi xa avalado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tras a desestimación dos recursos da empresa responsable do mesmo.

Leer más:  Galicia ocupó el quinto lugar en el número de muertes en el trabajo en 2023, destacándose especialmente los casos de infartos

Cores Tourís explicou que non é sinxelo buscar unha nova residencia para os usuarios e que levará o seu tempo. “O peche definitivo é unha realidade e agora estamos tratando de resolver o problema das familias. Sabemos que se trata dun tema moi delicado e complicado pero desde a Administración autonómica queremos insistir en que estamos traballando man a man co Concello para buscar solucións, en prazas públicas cando corresponda e se teña dereito”.“Algúns son autónomos e as súas familias quizais queiran que volvan a casa, e outros buscarán unha nova residencia. Nós ímoslles dar todas as opcións posibles”, rematou o delegado territorial.

Situación da residenciaCómpre lembrar que o 26 de outubro rematou o prazo establecido para que a Residencia Valle Inclán pechase as súas portas. Finalizou así o proceso de inspección seguido pola Xunta de Galicia, que respectou todos os procedementos máis garantistas, tal e como certifican todos os autos xudiciais sobre o asunto. Ese mesmo día, o Goberno galego informou á Fiscalía da resolución de peche, así como das irregularidades detectadas pola inspección.

Leer más:  Primeras matrículas universitarias gratis en Galicia, primera promesa electoral de Rueda en campaña

O día 2 de novembro notificóuselle o centro o seu peche e, ao longo dos días seguintes, a Xunta púxose en contacto coas familias para informarlles de todas as alternativas residenciais existentes para atender as persoas maiores que residen nela.

Este mesmo luns, día 12, a Xunta recibiu unha comunicación da Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia conforme este órgano xa ordenou iniciar dilixencias de investigación penal e lle deu traslado do caso á Fiscalía Provincial de Pontevedra, que é competente para a materia. O Ministerio Fiscal asume o caso, coa información que lles facilitou a Administración autonómica, toda vez que a vía administrativa xa chegou ao seu fin.


- Te recomendamos -