Inicio Galicia Cores Tourís recibe ao novo xeneral da Brigada Galicia VII, Brilat

Cores Tourís recibe ao novo xeneral da Brigada Galicia VII, Brilat

0


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu esta mañá ao novo xeneral da Brigada Galicia VII, Luis Cortés Delgado, con quen analizou os retos da base da Brilat de Pontevedra.

Luis Cortés trasladou ao delegado territorial os retos que se marca nesta nova etapa e a relación coa administración autonómica, en especial, a boa sintonía que existe entre ambas institucións para a prevención e loita contra os incendios forestais. Neste senso, Cores Tourís e o xeneral da Brilat departiron sobre o convenio de colaboración coa Xunta que facilita a vixilancia dos montes por parte dos membros desta brigada e que está a ser un elemento moi positivo para axudar a controlar e previr os lumes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre