Inicio Galicia Cores Tourís participa nunha mesa de traballo para deseñar o novo Plan...

Cores Tourís participa nunha mesa de traballo para deseñar o novo Plan estratéxico do turismo rural de Galicia nas Rías Baixas

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra explicou que o subdestino Terras de Pontevedra recibiu o ano pasado máis de 41.000 pernoctacións, incrementando un 9,2% a súa demanda hoteleira

Cumprindo coa Estratexia do turismo de Galicia 2020 e tras a adxudicación da elaboración do Plan estratéxico do turismo rural de Galicia, a Xunta continúa esta semana na provincia de Pontevedra o traballo de campo para avanzar no deseño deste novo documento. A intención é fixar as liñas, retos e oportunidades futuros dun segmento turístico en alza que acumula catro anos consecutivos de crecemento de demanda permitíndolle marcar en 2017 un máximo histórico con preto de 450.000 noites e 200.000 viaxeiros.

Despois de celebrar as primeiras sesións realizadas a semana pasada nas provincias de Ourense e Lugo, esta semana foi a quenda de A Coruña e Pontevedra. O xeodestino de Deza-Tabeirós acolleu onte as súa respectiva xornada de traballo. Hoxe foron os profesionais e entidades locais do xeodestino Rías Baixas os que mantiveron unha sesión de traballo en Pontevedra, á que asistiu o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. O delegado, da man dos axentes implicados, analizou cuestións como os servizos que ofrece este xeodestino, a mobilidade, a necesidade de dotación de infraestruturas, a situación de acceso a internet, a oferta gastronómica e de actividades complementarias, así como o peso dos establecementos rurais, entre outros temas.

Segundo apuntou Cores Tourís, “o plan estratéxico será a guía para avanzar na senda do crecemento turístico nunha das áreas con maior número de visitantes da nosa comunidade autónoma”.

Durante a xornada puidéronse obter datos cualitativos e cuantitativos do subdestino Ría e Terras de Pontevedra, que está incluído no xeodestino das Rías Baixas, e que o ano pasado rexistrou un incremento dun 9,2% da demanda hoteleira, xerando máis de 41.000 novas noites. No caso do xeodestino Deza-Tabeirós, foi o segundo no que máis se incrementou a demanda hoteleira do ano pasado, cun incremento do 29,3% e xerando 23.600 novas noites.

O delegado territorial insistiu na importancia do sector turístico para a provincia de Pontevedra que conta, na actualidade, con 168 casas de turismo rural, así como 139 asociacións, federacións, empresas, e patronatos dedicados a turismo activo.

Enquisas e entrevistasDurante este mes de abril, en total, programáronse 15 sesións de traballo por boa parte da xeografía galega para levar a cabo un labor participativo de escoita activa ao sector. Xunto a este traballo de campo, estas primeiras fases de elaboración do Plan Estratéxico de Turismo Rural de Galicia realizaranse enquisas aos establecementos de turismo rural, así como entrevistas individuais e presenciais. Tamén se recompilará a opinión de expertos e especialistas do sector académico, persoal das denominacións de orixe de alimentos e consellos reguladores do viño, así como representantes de asociacións de turismo rural, turismo activo, gastronómicas, de enoturismo, Rutas do Viño e rutas BTT.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre