Inicio Galicia Cores Tourís mantén un encontro co Concello de Rodeiro e coa distribuidora...

Cores Tourís mantén un encontro co Concello de Rodeiro e coa distribuidora UFD para comprobar o avance do plan de mellora do subministro eléctrico neste municipio

0

Na reunión estiveron tamén presentes os representantes da plataforma de afectados que agradeceron a labor desenvolvida nos últimos meses para que UFD levara a cabo as obras necesarias


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de Rodeiro, Luis López Diéguez, así como cos representantes da plataforma de afectados pola baixa calidade do subministro eléctrico neste concello co obxectivo de coñecer os avances no plan de mellora que está a levar a cabo a distribuidora eléctrica UFD nos lugares afectados.

Na reunión estivo tamén presente o xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, así como representantes da propia empresa eléctrica, Julio Gonzalo, director de Distribución de Galicia e Francisco Ramos, responsable de Distribución na provincia de Pontevedra.

Atendendo á reclamación do Concello de Rodeiro, a Xefatura Territorial de Economía en Pontevedra e a distribuidora UFD elaboraron un plan de acción que contemplaba accións a executar tanto de xeito inmediato como a longo prazo. Así, dende o 2017, a compañía eléctrica realizou varias actuacións co obxectivo de mellorar a calidade subministro eléctrico en Rodeiro. En concreto, realizáronse traballos preventivos de tala e poda, así como de protección da avifauna. Tamén se instalou un rexistrador na cabeceira da subestación para investigar a tipoloxía e a orixe das deficiencias.

En paralelo, UFD revisou as reclamacións de xeito individual a través dun teléfono o que permitiu informar aos veciños das accións que se estaban a executar así como das dificultades para identificar a orixe das deficiencias.

Posteriormente, UFD instalou once novos telecontroles e reconectadores automáticos, así como un regulador de tensión no punto enteiro fronteira coa liña que subministra dende Chantada, para minimizar o número de clientes afectados polos microcortes. Estas actuacións melloraron sensiblemente a situación en varias zonas do concello.

Nestes intres, estase a traballar no estudio dunha nova liña eléctrica de cara a poder socorrer á liña de Rodeiro, o que melloraría moito a calidade do servizo.“O noso obxectivo é seguir a traballar xunto a distribuidora eléctrica UFD de cara a que os veciños de Rodeiro poidan contar cun servizo de calidade que non presente constantes deficiencias e que impida o desenvolvemento da vida cotiá”, explicou Cores Tourís, quen engadiu que “a Xefatura Territorial de Economía continuará a velar polo cumprimento do plan de mellora posto en marcha pola empresa distribuidora e seguirá a recoller as demandas do municipio e dos veciños neste senso”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre