Inicio Galicia Cores Tourís fai entrega dunha escultura de homenaxe a un funcionario que...

Cores Tourís fai entrega dunha escultura de homenaxe a un funcionario que se xubila tras 50 anos ininterrompidos na administración

0


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega esta mañá no seu despacho dunha escultura de homenaxe a Augusto Ricardo Gago Rodríguez, funcionario da Consellería de Presidencia que se acaba de xubilar tras 50 anos de servizo ininterrompidos na administración autonómica.

Cores Tourís estivo acompañado no acto pola secretaria territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, Ana Ortiz, así como polo xefe territorial de Presidencia, Ramón Piñeiro.

O delegado territorial agradeceu a Augusto R. Gago os seus 50 anos de traballo no Servizo de Administración e destacou a súa dedicación e implicación “por un traballo de calidade en servizo á cidadanía”.

Augusto R. Gago iniciou o seu traballo na administración no ano 1969, na C.

O.

S.

A. (antiga Cámara Agraria) como o que, de aquela, se denominaba “botóns”. En 1995 foi transferido á Consellería de Medio Rural como subalterno e posteriormente, en 2005 ao rexistro de Presidencia. Gago Rodríguez destacou que sempre “fun moi feliz traballando”, e formar parte da administración “foi todo un orgullo”, querendo facer especial mención aos varios dos presidentes da Cámara Agraria cos que traballou, como José Luis Peláez, Francisco Filgueira ou Daniel Casal de Rey.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre