Inicio Galicia Cores Tourís destaca os case 11.150 euros para gastos de funcionamiento de...

Cores Tourís destaca os case 11.150 euros para gastos de funcionamiento de 6 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da comarca de Pontevedra

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recordou que as axudas permiten facer fronte aos seguros para os voluntarios, a compra de uniformes, de sistemas de comunicación ou de equipamentos de prevención e protección

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou hoxe a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución das axudas para as agrupacións de persoal voluntario de Protección Civil dos concellos da comarca de Pontevedra, que recibirán da Vicepresidencia da Xunta de Galicia case 11.150 euros a través da orde de colaboración económica con estas entidades, destinada a posibilitar o seu funcionamento a través do financiamento de gastos de natureza corrente.

As entidades, que están inscritas no Rexistro de Agrupacións de Persoal Voluntario de Protección Civil de Galicia, percibirán entre 2.762 e 832 euros e son as dos concellos de Marín, Barro, Poio, Cerdedo-Cotobade, Oitaven-Tea e Vilaboa.

Na provincia beneficiaranse 30 agrupacións cunha axuda total de 52.700 euros, que ascende en Galicia ata un total de 340.000.

As subvencións están destinadas a comprar os uniformes dos voluntarios, os medios de intervención, material informático e de comunicacións, así como os equipamentos de prevención e de protección persoal e colectivo, sempre que se trate de material funxible.

Esta liña de axudas tamén permite facer fronte aos gastos ocasionados durante as actuacións levadas a cabo polas agrupacións en materia de protección civil, así como aqueles investimentos para a conservación, mantemento ou alugamento da súa base. Por último, a través desta orde as agrupacións tamén poden pagar os seguros do persoal voluntario de protección civil e os gastos ocasionados pola formación dos seus compoñentes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre