Inicio Galicia Cores Tourís coñeceu as novas instalacións da adega Lagar da Condesa en...

Cores Tourís coñeceu as novas instalacións da adega Lagar da Condesa en Caldas de Reis

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra foi invitado polo representante da adega que destacou que esta firma elabora anualmente preto de 150.000 botellas de albariño, aínda que coas melloras executadas agarda poder triplicar os quilos de uva procesada


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a adega Lagar da Condesa situado no concello de Caldas de Reis, invitado polo representante da mesma, co fin de coñecer as novas instalacións rematadas recentemente e que teñen como obxectivo acondicionar a zona de recollida de uva e cara a poder triplicar os quilos de uva procesada.

O delegado territorial puido comprobar a ampliación da superficie da adega así como a instalación de novos sistemas de fontanería, frío e maquinaria acompañado do representante da adega, David Landín.

José Manuel Cores Tourís destacou que “este tipo de iniciativas son positivas de cara a unha maior modernización do sector vitivinícola. Temos que seguir a traballar nesta liña de cara a ser competitivos, como está a facer a adega que hoxe visitamos onde se reformaron, segundo nos explicaron os seus responsables, cerca de 1.315 metros cadrados”. Tamén se renovaron as instalacións de fontanería, frío e electricidade na zona ampliada así se adquiriu maquinaria e equipamento para o laboratorio, para os depósitos e para a zona de control. En total, esta firma destinou 1,8 millóns de euros a esta renovación, dos cales 652.000 procederon de diversas subvencións concedidas pola Consellería de Medio Rural.

Nas últimas campañas estase a procesar preto de 185.000 quilos de uva albariña, tanto propia coma comprada, adquirindo viño a distintas adegas da zona, comercializando as marcas Lagar da Condesa e Vía XIX. En total, prodúcense nesta adega case 150.000 botellas ao ano, “unha cantidade que pretendemos triplicar coas últimas reformas levadas a cabo”, explicou pola súa banda David Landín.

O responsable da adega aproveitou a visita para solicitarlle ao delegado territorial a mellora das vías de acceso a esta explotación, “xa que nos atopamos que estes camiños rurais se atopan en moi mal estado, e que, aínda que llo solicitamos, o concello non os incluíu en ningún proxecto de mellora”.

O delegado territorial recordou que estas vías rurais poden ser obxecto de actuación a través dos Plans de Mellora da Camiños Municipais, unha solución que debe demandar o Goberno local de cada concello a través da Consellería de Medio Rural. Neste senso, Cores Tourís lamentou que precisamente, Caldas de Reis perdeu a axuda para este fin solicitada a Medio Rural para a plurianualidade 2018-19, e coa que se pretendía levar a cabo unha mellora de camiños municipais precisamente en Arcos da Condesa e San Clemente. Lagar da Condesa foi fundada en 2007 co obxectivo de producir e comercializar viño amparado pola Denominación de Orixe Rías Baixas. Conta cunha plantación de albariño xunto á adega, situada en Arcos da Condesa. Tamén adquire uva a viticultores da zona.

Na actualidade pertence ao grupo Gil Family States S.

L., conformado por varias empresas. Contan con cerca de 128 traballadores e o seu volume de negocio supera os 30,8 millóns de euros, presentando un balance de máis de 86 millóns. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre