Inicio Galicia Cores Tourís coñece as instalación da fábrica de queixos lácteos Farelo de...

Cores Tourís coñece as instalación da fábrica de queixos lácteos Farelo de Agolada

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra foi invitado pola firma para coñecer os últimos investimentos realizados pola empresa para adaptarse a novos retos


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, coñeceu esta mañá as instalacións da fábrica de queixos Lácteos Farelo de Agolada, invitado pola firma para coñecer os últimos investimentos realizados por esta empresa para adaptarse aos novos retos do mercado.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado polo alcalde de Agolada, Ramiro Varela, e polos xefes territoriais de Infraestruturas, José Luis Díez, e o de Industria, Ignacio Rial.

Tal e como lle explicou Luis Coego, administrador da firma, a empresa naceu en 1985 nunha pequena nave coa maquinaria imprescindible. “Comezamos facendo 1.500 litros ó día e hoxe xa producimos máis de 200.000. Triplicamos a nosa produción en tres décadas e continuamos a traballar para que o noso produto sexa un dos máis competitivos do mercado, porque non só queremos cantidade, sobre todo buscamos a calidade, algo que demanda e valora cada vez máis o consumidor".

Lácteos Farelo é unha sociedade limitada conformada por varios socios que factura dous millóns de euros ao ano, producindo 400.000 quilos de queixos ao ano, a maioría da denominación Arzúa-Ulloa, que son enviados aos principais hipermercados, supermercados e ferias. Os seus principais proveedores proceden de explotacións de Agolada, Rodeiro, Lalín, Antas do Ulla e Visantoña, “xa que outro dos nosos obxectivos é favorecer aos gandeiros do noso entorno”. Conta con 15 empregados, e acaba de poñer en marcha un convenio de colaboración con Reny-Picot de xeito que produce para esta firma 200.000 litros diarios de suero.

A firma conta na actualidade con dúas naves de 600 metros cadrados cada unha e unha depuradora. En 2017, contaron cunha subvención procedente da Consellería de Medio Rural de case 25.000 euros destinada á melloras na transformación e comercialización dos seus produtos. Na visita de hoxe, o alcalde de Agolada aproveitou para demandar á Xunta de Galicia a acometida dun quilómetro de tubaxes de abastecemento ao núcleo de Romariz e ao Alto de Corras, co obxectivo de dar servizo aos veciños pero tamén a esta empresa láctea, así como a Madeiras Torreira, que tamén se atopa nesta parroquia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre