Inicio Galicia Cores Tourís comprobou as obras de mellora executadas no CEIP Plurilingüe San...

Cores Tourís comprobou as obras de mellora executadas no CEIP Plurilingüe San Bartolomé de Vilanova de Arousa

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou os 222.762 euros investidos nos últimos anos para a reposición do peche exterior, das fiestras, a reforma dos aseos, o cambio de cuberta, así como a pavimentación das pistas polideportivas e o arranxo do depósito de gasóil

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá as últimas obras executadas pola administración autonómica no CEIP Plurilingüe San Bartolomé de Tremoedo en Vilanova de Arousa, acompañado do alcalde da localidade, Gonzalo Durán, e do xefe territorial de Educación, César Pérez Ares.

O delegado territorial destacou que, durante os últimos anos, investíronse neste centro educativo de Vilanova de Arousa algo máis de 222.762 euros para a reposición do peche exterior e das fiestras, o cambio de cuberta, a reforma de aseos, a pavimentación das pistas polideportivas e o arranxo do depósito de gasóil.

Cores Tourís aproveitou para recordar a colaboración da Administración autonómica co concello de Vilanova de Arousa en materia educativa, destacando os case 885.000 euros destinados nos últimos anos á mellora dos diferentes colexios e institutos deste municipio. Deste xeito, entre as obras máis destacadas atópanse a adaptación dun espazo para comedor e a reforma das fiestras no CEIP San Roque; a reforma da cuberta do CEIP de Sestelo-Baión; a instalación de falsos teitos no Xulio Camba; a reforma dos aseos do CEIP de Viñagrande en Deiro ou a insonorización do ximnasio no IES A Basella, entre outras.“Quero agradecer a colaboración do concello de Vilanova de Arousa na execución de moitas destas obras, en especial porque é un exemplo de cooperación, o que facilita que as obras se poidan levar a cabo con maior axilidade, dando servizo aos veciños e as familias”, engadiu Cores Tourís.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre