Inicio Galicia Cores Tourís comprobou as obras de mellora da cuberta do patio interior...

Cores Tourís comprobou as obras de mellora da cuberta do patio interior do CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo-Cotobade

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou os máis de 48.200 euros destinados a este fin


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo-Cotobade co obxectivo de comprobar a evolución dos traballos de mellora da cuberta do patio interior, cambio de carpintería e pintado da fachada.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado polo presidente-alcalde do concello, Jorge Cubela, polo xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, a directora do centro e por responsables da Unidade Técnica de Educación.

José Manuel Cores Tourís explicou que “a administración autonómica está a investir nesta mellora máis de 48.200 euros co obxectivo de que os nenos poidan recuperar un espazo de lecer, como é o patio do colexio, así como renovar diversas cuestións importantes do centro que se ven afectados polo paso do tempo como son as portas ou os chans”.

Os traballos consisten no desmontaxe da carpintería e cambio de 44 portas, así como a retirada da cuberta translúcida e instalación dunha cuberta panel sánwich de 30 mm de grosor, eliminación de óxidos y tratamento con esmalte no patio interior.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

As obras inclúen tamén o abrillantado do chan terrazo tanto en aulas coma en escaleiras e corredores, e o lavado a presión a fachada para o seu posterior pintado. Por outra banda, púxose tamén tarima flotante na aula de música.

José Manuel Cores Tourís recordou que a Consellería de Educación leva investidos case 580.000 euros nos centros de Primaria e Secundaria da cidade de Cerdedo-Cotobade nos últimos anos, con obras como a reforma da instalación de gas, electricidade e fontanería no CEIP de Carballedo, ou a reforma da cuberta do patio do CEIP de Tenorio. No CEIP San Xoán Bautista que hoxe se visitou, a Xunta realizou a renovación de baños infantís, reformou a instalación eléctrica e a fontanería, así como diversas filtracións de augas.


- Te recomendamos -