Inicio Galicia Cores Tourís comproba o resultado das obras na cuberta do CEIP de...

Cores Tourís comproba o resultado das obras na cuberta do CEIP de Soutelo de Montes (Forcarei)

0

O delegado da Xunta en Pontevedra salienta un investimento de 600.000 euros nos centros educativos deste concello nos últimos anos

O delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou hoxe o resultado das obras de mellora da cuberta realizadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no CEIP de Soutelo de Montes, que contaron cun orzamento de preto de 50.000 euros. Unha actuación que, segundo explicou, se enmarca no compromiso da Xunta de Galicia coas infraestruturas educativas deste concello, na que se investiu máis de 600.000 de euros. Durante a visita o delegado estivo acompañado polo xefe territorial da Consellería de Educación na provincia, César Pérez Ares, e pola Unidade Técnica.

O obxectivo da obra foi substituír a antiga cuberta de tella curva cerámica por unha nova, o que soluciona, a un tempo, os problemas de deterioro da cubrición anterior ademais dos problemas de estanquidade da mesma e evita a filtración de humidades.

A nova cuberta é tamén de tella cerámica, tomada con espuma de poliuretano e encintada con morteiro de cemento. Esta obra eleva o investimento en obras neste centro, no que tamén se teñen executado – entre outras- melloras nas fiestras, a máis de 230.000 euros nos últimos anos.

O delegado interesouse tamén polos diferentes proxectos educativos que desenvolve o centro, como o programa de Centros Activos e Saudables, dentro do Plan Proxecta, ou o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre