Inicio Galicia Cores Tourís comproba o inicio das obras de instalación dos servicios integrais...

Cores Tourís comproba o inicio das obras de instalación dos servicios integrais no tramo urbano da PO-531 en Meis

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que se destinarán case 60.500 euros para a creación dun sistema separativo de pluviais e fecais, así como o abastecemento e as canalizacións de tódolos servizos municipais necesarios para esta área

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou hoxe o inicio dos traballos de instalación dos servizos integrais no tramo urbano da PO-531 ao seu paso polo concello de Meis.

Cores Tourís estivo acompañado nesta visita polo alcalde da localidade, José Luis Pérez Estévez.

Os traballos, executados pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, contan cun orzamento que rolda os 60.500 euros, e serán executados no tramo urbano da estrada PO-531 entre os puntos quilométricos 15+740 e 15+900, na marxe esquerda.

As obras consistirán na execución dun sistema separativo de pluviais e fecais de forma que non se contaminen as augas do regato, mediante tubaxes de pvc de 315 milímetros. Ademais, conectarase o sistema de pluviais da poboación existente á canalización citada de pluviais existente e que procede da fábrica de prefabricados.“Aproveitaranse os traballos”, explicou Cores Tourís, “para instalar o abastecemento e as canalizacións de tódolos servizos municipais necesarios, como abastecemento, prima de baixa tensión e de telecomunicacións, de xeito que se eliminen as liñas existentes e, por tanto, os postes de ditas liñas, mellorando a seguridade viaria e a estética de dito tramo”. Tamén se instalará canalización de pvc de 90 milímetros para o alumeado público.

O proxecto tamén contempla a instalación dun paso de peóns con semáforos de pulsador nun punto onde xa existe un báculo con iluminación e tomaranse medidas para a redución da velocidade e o estreitamento de carrís de circulación.

Estes traballos non necesitaron expropiacións, xa que se realizarán por dominio público de estradas, e permitirán, ademais, que o concello de Meis poida, no futuro, tramitar coas compañías subministradoras a eliminación dos tendidos aéreos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre