Inicio Galicia Cores Tourís comproba o avance das obras de reforma dos aseos e...

Cores Tourís comproba o avance das obras de reforma dos aseos e do sistema eléctrico do CEIP A Lama

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou os case 47.000 euros destinados a estes traballos cos que se continúa a mellorar este colexio do rural

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o CEIP A Lama, acompañado do alcalde do municipio, Jorge Canda, e de responsables da Unidade Técnica da Xefatura Territorial de Educación, co obxectivo de comprobar o avance dos traballos que se están a realizar para a mellora deste centro educativo do rural no que estudan máis de 90 nenos e nenas.

Tal e como puído comprobar o delegado territorial, estanse a realizar traballos de reforma dos aseos así como do sistema eléctrico, o que supón un investimento global de case 47.000 euros.

Cores Tourís destacou que, deste montante, a Xefatura Territorial de Educación destinou 17.400 para a eliminación de barreiras arquitectónicas no centro, tanto para a execución dunha rampla como para a reforma dun aseo adaptado a necesidades especiais, dando así resposta ás necesidades dun alumno con limitación de mobilidade matriculado no colexio. O aseo conta con inodoro e lavabo adaptado, modificándose tamén o aceso ao centro retirando as escaleiras e substituíndoas por ramplas con pendente de formigón e varandas.

En canto a reforma do sistema eléctrico, permitiu corrixir os cadros eléctricos, cambiar as liñas de distribución, redistribuir as liñas de forza dos enchufes e instalar novas luminarias de emerxencia. Esta obra roldou os 29.600 euros.

A todas estas obras cabe sumar a nova pasarela exterior executada polo concello da Lama co obxectivo de que os menores poidan baixar do autobús e chegar ao centro sen sufrir as inclemencias do tempo. Esta obra, xa rematada, supuxo un investimento de máis de 6.000 euros.

Segundo recordou o delegado territorial, a Xunta investiu nos últimos anos case 300.000 euros en diversas obras de mellora deste colexio, en especial na mellora da cuberta do centro, así como na reforma da fachada, dos canos interiores, dos vestiarios e da tarima.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre