Inicio Galicia Cores Tourís comproba cos veciños as obras de execución de novas beirarrúas...

Cores Tourís comproba cos veciños as obras de execución de novas beirarrúas na PO-308 en Sanxenxo

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou a zona acompañado do alcalde da localidade, Telmo Martín


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá os traballos de execución de novas beirarrúas na PO-308 en Sanxenxo que acaba de iniciar a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade co obxectivo de coñecer as impresións dos veciños.

Cores Tourís estivo acompañado do alcalde da localidade, Telmo Martín, e do xefe territorial de Infraestruturas en Pontevedra, José Luis Díez, así como técnicos deste departamento e da empresa de cara a explicar o plan de obra aos veciños.

José Manuel Cores Tourís explicou que estas obras teñen como obxectivo continuar coas melloras de seguridade na PO-308 (Pontevedra-A Lanzada), entre os quilómetros 15+940 e 15+960, dentro do termo municipal de Sanxenxo.

Os traballos consistirán no desvío necesario das instalacións grapadas ao pontón, a retirada da baranda existente e a demolición do actuais peches. A continuación, executarase a estrutura, cunha dimensión de 1,20 metros de ancho e unha luz de 12,50, que contará con espaldóns de apoio en ambos extremos e losas alveolares, pavimentos e novas barandas. O pavimento de acabado será similar ao existente na beirarrúa colindante á actuación.

Tamén se demolerán as escaleiras existentes e, no seu lugar, executaranse unha novas en formigón armado, cunha pegada de 28 centímetros e unha contrapegada de 17, cumprindo así coa lei de accesibilidade. Esta escaleira irá adosada ao edificio de vivendas. Os traballos finalizarán co axuste da rasante destas escaleiras para baixar á praia e unha nova sinalización horizontal para marcar o espazo de aparcadoiro.

Estas obras non necesitaron expropiacións ao executarse sobre dominio público da estrada, aínda que sí foi necesario o permiso do servizo de Costas por estar próximo á praia. Neste senso, o delegado territorial e o alcalde de Sanxenxo agradeceron ao hotel situado ao carón destas obras que cedera algúns metros cadrados para mellorar o proxecto de execución da obra. O orzamento é de 35.557 euros e o prazo de execución de tres meses.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre