Inicio Galicia Cores Tourís comproba as obras de mellora da reforma da sala de...

Cores Tourís comproba as obras de mellora da reforma da sala de caldeiras do CEIP A Xunqueira I en Pontevedra

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou os case 37.300 euros destinados a esta mellora permitirán reducir o consumo de combustible e mellorar a eficiencia enerxética do centro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o CEIP A Xunqueira I de Pontevedra, acompañado de responsables da Unidade Técnica da Xefatura Territorial de Educación, co obxectivo de comprobar as obras de mellora da reforma da sala de caldeiras que se están a efectuar nestes intres.

Tal e como comprobou o delegado territorial, as obras, que contan cun orzamento de 37.300 euros están avanzando a bo ritmo, co obxectivo de que estean listas para o próximo comezo de curso.

Os traballos, que xurdiron do compromiso adquirido pola administración autonómica coa comunidade educativa, permitirán reducir o consumo de combustible e mellorar os parámetros de confort térmico. “Ademais, a instalación tamén gañará en eficiencia enerxética, xa que así poderase independizar os emisores térmicos segundo a temperatura acadada en cada espazo”, explicou Cores Tourís.

O proxecto supón a modernización do grupo térmico, a mellora do sistema de control e de distribución do fluído caloportador con bombas de circulación variable, a instalación de válvulas termostáticas nos emisores térmicos das aulas, realizando deste xeito un control de temperatura en cada espazo do centro, así como a instalación de purgadores automáticos en tódolos emisores do segundo andar.

O delegado territorial engadiu que se continuará a traballar noutros centros da localidade nas próximas semanas. “Temos obras priorizadas nos colexios de Cabanas, Marcón e Vilaverde-Mourente, aínda que as que van a comezar de xeito inmediato serán as do CEIP A Carballeira, onde temos comprometido a execución do comedor. Esta obra conta cun elemento patrimonial que retrasou lixeiramente a súa posta en marcha, xa que o colexio conta cun petroglifo que debe ser protexido”, matizou Cores Tourís.

O responsable da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra recordou que a Xunta de Galicia continúa a traballar para a mellora dos centros educativos da provincia, e, en concreto, na cidade do Lérez o investimento nos últimos anos superou os 8,6 millóns de euros. “En 2018 e 19 executamos obras como a reforma da pista polideportiva do IES Sánchez Cantón e do Frei Martín Sarmiento, o cambio da carpintería exterior do EEI Crespo Rivas, a reforma da instalación eléctrica do CEP Campolongo, do CEIP Barcelos, do Álvarez Limeses e do Vilaverde Mourente.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre