Inicio Galicia Cores Tourís comproba as melloras que se executaron no parque empresarial de...

Cores Tourís comproba as melloras que se executaron no parque empresarial de Dozón

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que o concello contou cunha subvención de case 118.300 euros procedentes das axudas a parques empresariais da Consellería de Economía


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou as obras de mellora que se executaron no parque empresarial de Dozón, levadas a cabo grazas á orde de axudas a polígonos empresariais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Na visita, Cores Tourís estivo acompañado do tenente alcalde da localidade, Adolfo Campos, e o xefe territorial de Economía en Pontevedra, Ignacio Rial.

Estes traballos, que están a piques de rematar, contaron cun orzamento total de 149.847 euros, dos cales 118.257 euros foron aportados pola Consellería de Economía a través da orde de axudas a parques empresariais, unha liña que mobilizou para toda Galicia 5,34 millóns de euros en proxectos para mellorar os parques empresariais de 51 municipios de Galicia. En concreto, a través deste programa, a Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará 4,05 millóns de euros para a execución dun total de 57 actuacións que permitirán impulsar as infraestruturas dos polígonos.

A maioría dos proxectos aprobados a través desta liña de axudas tiñan como obxectivo mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos, como ocorre no caso de Dozón, onde se pavimentaron as vías interiores do polígono industrial, así como se substituíu a rede de saneamento de auga existente e instalouse unha nova rede de telecomunicacións. Con esta actuación acondicionáronse 630 metros de infraestrutura viaria.

No caso doutros polígonos beneficiados, desenvolvéronse iniciativas para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia, para plantas de depuración de auga, xestión de residuos e colectores con verquido á depuradora municipal ou instalacións contraincendios e contra roubo de cable. Por provincias, dos 57 proxectos incluídos nesta resolución, 10 pertencen a Pontevedra (máis de 0,6M€).

Con estas novas axudas, nas que os Concellos Emprendedores tiveron preferencia, a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos locais e o desenvolvemento das súas infraestruturas, co fortalecemento do tecido empresarial e industrial da Comunidade e co apoio ao emprendemento, liñas que encaixan coas medidas promovidas pola Lei de implantación empresarial para favorecer a captación de novos investimentos para Galicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre