Inicio Galicia Cores Tourís comproba as melloras executadas no parque empresarial de Racelo na...

Cores Tourís comproba as melloras executadas no parque empresarial de Racelo na Lama

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que estas melloras contaron cunha subvención de 38.655 euros procedentes das axudas a parques empresariais da Consellería de Economía


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou as obras de mellora executadas nos viais do parque empresarial de Racelo do concello da Lama, levadas a cabo grazas á orde de axudas a polígonos empresariais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Na visita, Cores Tourís estivo acompañado do alcalde da localidade, Jorge Canda, así como por varios concelleiros da corporación.

Estes traballos contaron cun orzamento total de 48.319 euros, dos cales 38.655 foron aportados pola Consellería de Economía a través da orde de axudas a parques empresariais, unha liña que mobilizou para toda Galicia 5,34 millóns de euros en proxectos para mellorar os parques empresariais de 51 municipios de Galicia. En concreto, a través deste programa, a Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará 4,05 millóns de euros para a execución dun total de 57 actuacións que permitirán impulsar as infraestruturas dos polígonos.

A maioría dos proxectos aprobados a través desta liña de axudas tiñan como obxectivo mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos, como ocorre no caso de Racelo na Lama, onde se dotou de beirarrúas as diferentes zonas dos viais que carecen das mesmas, concretamente na zona do punto limpo e na zona norleste do polígono, onde se construíron as últimas naves. En total, executáronse 300 metros lineais de novas beirarrúas.

No caso doutros polígonos beneficiados, desenvolvéronse iniciativas para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia, para plantas de depuración de auga, xestión de residuos e colectores con vertedura á depuradora municipal ou instalacións contraincendios e contra roubo de cable. Por provincias, dos 57 proxectos incluídos nesta resolución, 10 pertencen a Pontevedra (máis de 0,6M€).

Con estas novas axudas, nas que os Concellos Emprendedores tiveron preferencia, a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos locais e o desenvolvemento das súas infraestruturas, co fortalecemento do tecido empresarial e industrial da Comunidade e co apoio ao emprendemento, liñas que encaixan coas medidas promovidas pola Lei de implantación empresarial para favorecer a captación de novos investimentos para Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre