Inicio Galicia Cores Tourís comproba a situación do derrube no entorno das escadas da...

Cores Tourís comproba a situación do derrube no entorno das escadas da ermida da Lanzada

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou, a solicitude do alcalde de Sanxenxo, a zona e destacou a perigosidade que presenta o muro


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o entorno da ermida da Lanzada, a demanda do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, co obxectivo de avaliar a situación das escadas de baixada ao mar que se viron afectadas por un derrube este pasado fin de semana.

Durante a visita, Cores Tourís estivo acompañado da Xefa Territorial de Cultura, María José Echevarría, así como varios concelleiros do municipio e o párroco responsable da ermida.

Despois de comprobar in situ a situación das pedras do muro onde remata a escada, acordouse que o concello presente, a través dun técnico municipal, nas próximas horas, un proxecto de obras de emerxencia ante Patrimonio co obxectivo de consolidar a obra deste muro, “xa que comprobamos que existe un perigo real de desprendemento”.

O concello xa instalou un valado de protección para evitar que os visitantes poidan acceder a escada, mentres no quede completamente reposta y garantida a seguridade na zona.

O proxecto necesita do visto bo de Patrimonio, xa que, aínda que se trata dunha obra dos anos 80, executada polos veciños para evitar danos dos temporais sobre este espazo, atópase dentro da área de protección da ermida. Telmo Martín tamén destacou que Costas do Estado acordou non participar nesta obra xa que, segundo o informe emitido por este departamento, a zona non afecta ao dominio marítimo terrestre.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre