Inicio Galicia Cores Tourís comproba a instalación dun novo paso de peóns na PO-551...

Cores Tourís comproba a instalación dun novo paso de peóns na PO-551 en Loureiro (Bueu)

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que esta actuación permitirá mellorar a seguridade viaria nun punto conflitivo da vía


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou o inicio das obras de mellora da seguridade viaria na PO-551 ao seu paso por Loureiro en Bueu e que suporán a semaforización dun paso de peóns.

Na visita, Cores Tourís estivo acompañado do alcalde de Bueu, Félix Juncal, así como do xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez, do xefe da Axencia de Infraestruturas de Pontevedra, Fausto Núñez, así como da portavoz do PP en Bueu, Elena Estévez.

O paso de peóns, situado no punto quilométrico 10+325 da PO-551, será mellorado a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que destinará a este fin 47.282 euros.

En concreto, instalaranse dous grupos semafóricos, un a cada lado da calzada, para regular o paso de peóns. Estarán compostos, cada un deles, dun báculo de 6 metros de altura e un brazo de 3,50 metros, que soportarán tres semáforos, dous deles para vehículos e outro destinado a peóns. A iluminación dispoñerá de tecnoloxía LED. Ademais, tamén se instalará un centro regulador de tráfico para control dos semáforos.

Como obras complementarias e de cara a mellorar a visibilidade dos peóns á hora de cruzar, cumprindo así tamén a normativa de accesibilidade, ampliaranse as beirarrúas en ambos lados do paso de peóns, realizándose o correspondente rebaixe para paso peonil accesible.

Tal e como engadiu o delegado territorial, a protección deste paso de peóns xa estaba previsto no proxecto de mellora de seguridade viaria que está a promover a Axencia de Infraestruturas de Galicia no marco da obra de seguridade viaria da PO-551, entre os quilómetros 7+800 e 8+800, que conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros e que será proximamente leva a Consello da Xunta para a súa aprobación. “Adiantamos a execución da mellora deste paso peonil ante a demanda veciñal presentada ante Xunta e pola conflitividade que viñamos detectando neste paso de peóns en concreto”, rematou José Manuel Cores Tourís.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre