Inicio Galicia Cores Tourís asiste á inauguración da Feira de Oportunidades de Cambados

Cores Tourís asiste á inauguración da Feira de Oportunidades de Cambados

0


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañou as autoridades do concello de Cambados e aos representantes da Asociación Cambados Zona Centro na inauguración da Feira de Oportunidades desta localidade.

José Manuel Cores Tourís valorou a presenza de cinco postos máis este ano, ata un total de 35, e destacou a colaboración da Xunta de Galicia na posta en marcha desta iniciativa na que se agarda unha afluencia similar a edicións pasadas, con máis de 20.000 visitantes. O delegado territorial recordou a colaboración da administración autonómica co pequeno comercio, lembrando que en 2017, a Consellería de Economía destinou 425.000 euros ás asociacións de comerciantes e praceiros da comarca do Salnés co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade.  

Leer más:  Terras Gauda entra en el capital de Bodegas Gargalo, de Roberto Verino

- Te recomendamos -