Inicio Galicia Cores Tourís anuncia a licitación dos novos semáforos de Vilariño en Cambados

Cores Tourís anuncia a licitación dos novos semáforos de Vilariño en Cambados

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra tamén informou da próxima reparación da pasarela da vía Rápida así como da instalación dunha marquesina en Sameiro


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a parroquia de Vilariño en Cambados para anunciar a licitación dos novos semáforos que se instalarán no cruce de Sineiro, así como a reparación da pasarela da Vía Rápida e a instalación dunha marquesina en Sameiro.

O delegado territorial estivo acompañado na visita pola alcaldesa da localidade, Fátima Abal, así como polo presidente da asociación O Batuqueiro, José Rodríguez, impulsor desta demanda veciñal. Tamén estaba presente o concelleiro Luis Aragunde.

José Manuel Cores Tourís recordou que, “grazas o interese dos membros desta asociación hoxe podemos vir aquí para anunciar a próxima instalación destes catro semáforos que permitirán mellorar a seguridade viaria neste punto moi transitado por peóns e tamén por vehículos”.

Deste xeito, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acaba de licitar por 31.016 euros a instalación de catro semáforos no Sineiro, nunha intersección en curva complicada que enlaza cunha estrada de subida cara a igrexa e o colexio, así como con outra vía que vía que vai cara a Barrantes. Instalaranse dous na estrada principal así como outro na subida á igrexa e outro semáforo na estrada a Barrantes.“A elevada presenza de peóns neste entorno, onde tamén existen numerosos locais comerciais, fai necesaria”, segundo engadiu o delegado territorial, “dun sistema que regule o tráfico rodado para gañar en seguridade viaria”. As obras comezarán no menor prazo posible para que poidan estar listas antes do mes de abril.

Segundo engadiu o delegado territorial, tamén se acaba de licitar a reparación da pasarela que atravesa a Vía Rápida, que será retirada, limpada e arranxada, e se volverá a colocar no mesmo sitio, “agardamos que antes do verano, xa que sabemos que se trata dunha infraestrutura moi utilizada na época estival”, explicou Cores Tourís. O custo desta obra roldará os 35.000 euros.“Deste xeito, investiremos case 80.000 euros no concello de Cambados para mellorar a seguridade viaria, xa que tamén hai que engadir a instalación dunha marquesina en Sameiro, tamén demandada polos veciños de Vilariño”, rematou o delegado territorial.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre