Inicio Galicia Corenta viticultores da Adega Martín Códax coñeceron os traballos no eido da...

Corenta viticultores da Adega Martín Códax coñeceron os traballos no eido da investigación que realiza a Evega

0

Coñeceron o avance nos traballos realizados no marco do Programa de Selección Clonal e da aplicación móbil AppFitovit


A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), recibiu a visita dun grupo de corenta viticultores pertencentes á Adega Martín Códax. Foron recibidos polo director da Evega, Juan Casares, quen lles explicou polo miúdo todos os traballos e os servizos para o sector vitivinícola galego que se están a desenvolver neste centro de investigación integrado na Consellería do Medio Rural.

Durante a visita os viticultores puideron coñecer de primeira man o avance nos traballos realizados no marco do Programa de Selección Clonal que permitirá nos vindeiros anos poñer a disposición do sector galego material de vide certificado e con garantías tanto xenéticas coma sanitarias. Así mesmo, comprobaron a evolución do Programa de Recuperación de Variedades autóctonas ou de cultivo tradicional en Galicia encamiñado a estudar ata cinco variedades, como a Albilla do Avia ou a Zamarrica e proceder á súa inclusión no Rexistro de Variedades Comerciais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; todo isto como paso previo á posibilidade de utilizalas comercialmente.

Ademais, os responsables da Evega explicáronlles os avances nos traballos de deseño e posta a punto da AppFitoVit, unha aplicación móbil que permitirá a todos os viticultores e adegueiros de Galicia dispoñer dunha información fitosanitaria para o viñedo a tempo real. Esta acción insírese dentro das líñas estratéxicas de investigación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e está financiada nun 75% con fondos Feader ao abeiro da convocatoria de accións de cooperación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre