Inicio Galicia Controlado un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Cualedro, parroquia de...

Controlado un incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes

0

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 21,32 hectáreas de monte raso

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal rexistrado no concello ourensán de Cualedro, parroquia de Montes, que quedou controlado ás 09,26 h.

O incendio iniciouse ás 23,05 h. de onte e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 21,32 hectáreas de monte raso. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. Na extinción deste incendio traballan 1 técnico, 7 axentes, 17 brigadas e 8 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre