Inicio Galicia Controlado un incendio forestal no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás,...

Controlado un incendio forestal no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o Parque Natural do Xurés

0

O lume entrou dende Portugal e segundo as primeiras estimacións afecta unhas 3 hectáreas en territorio español, todas elas dentro do espazo natural protexido

A Consellería do Medio Rural informa dun lume, xa controlado, no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés.

O incendio comezou ás 16,00 h. e deuse por controlado ás 18,20 h. Entrou dende Portugal e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de arredor de 3 hectáreas en territorio español, todas elas no devandito espazo natural protexido. Para o seu control mobilizáronse 1 axente, 1 brigada e 3 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre