Inicio Galicia Controlado un incendio forestal no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Devesos

Controlado un incendio forestal no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Devesos

0

As últimas estimacións indican que afecta unha superficie de 25 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun lume xa controlado no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Devesos, que segundo as últimas estimacións alcanzou as 25 hectáreas. Delas, 23 ha. foron de monte raso e dúas de arborado.

O incendio comezaba onte ás 20,01 h. e quedaba controlado ás 03,30 h. Para a súa extinción mobilizáronse 3 axentes, 13 brigadas, 11 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Leer más:  Interceptan a un conductor que se dio a la fuga en Culleredo (A Coruña) tras colisionar con tres coches

- Te recomendamos -