Inicio Galicia Controlado o incendio rexistrado no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira,...

Controlado o incendio rexistrado no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira, que tamén afecta o veciño municipio ourensán de Cortegada, parroquia de Rabiño

0

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada provisional rolda as 30 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou controlado ás 5,45 h. desta madrugada o lume rexistrado no concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira, que tamén afecta o veciño municipio ourensán de Cortegada, parroquia de Rabiño.

O incendio orixinouse ás 15,55 h. da tarde de onte e, segundo as últimas estimacións, rolda as 30 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada.

No control deste lume levan traballado ata o momento 1 técnico, 11 axentes, 36 brigadas, 21 motobombas, 2 pas, 7 avións e 7 helicópteros. Por mor do fume, chegouse a cortar a vía ferroviaria entre Vigo e Ourense pero a circulación quedou restablecida a pasada medianoite.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre