Inicio Galicia Controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de...

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín

0

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 420 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado o pasado sábado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, e despois de entrar dende Portugal, quedou controlado ás 20,28 h. de onte.

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unhas 420 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada.

No control deste incendio levan traballado 1 técnico, 22 axentes, 55 brigadas, 30 motobombas, 2 pas, 9 avións e 11 helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Foi neste lume onde se accidentou un hidroavión do operativo de extinción portugués, no que faleceu unha persoa e outra resultou ferida.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre