Inicio Galicia Controlado o incendio forestal no concello ourensán de Riós, parroquia de Castrelo...

Controlado o incendio forestal no concello ourensán de Riós, parroquia de Castrelo de Abaixo

0

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 30 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa do control do lume rexistrado no concello ourensán de Riós, parroquia de Castrelo de Abaixo, ás 18,32 h. desta tarde.

O incendio iniciouse ás 23,05 h. de onte e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No control deste lume participan 4 axentes, 14 brigadas e 9 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre