Inicio Galicia Controlado o incendio forestal no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa,...

Controlado o incendio forestal no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa, que afecta o Parque Natural do Xurés

0

A superficie afectada por este lume, que entrou dende Portugal, é de arredor de 20 hectáreas en territorio español

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa, está controlado dende as 21,15 h. de hoxe.

Este lume, que se iniciaba ás 17,20 h., chegou dende Portugal e afecta o parque natural do Xurés. Segundo as últimas estimacións, en territorio español está afectada unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Para o control deste incendio mobilizáronse 1 axente, 4 brigadas, 1 motobomba e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre