Inicio Galicia Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Padrenda, parroquia de San...

Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Padrenda, parroquia de San Pedro da Torre

0

O incendio entrou por Portugal e segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de arredor de 150 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no concello ourensán de Padrenda, parroquia de San Pedro da Torre, quedou controlado ás 17,51 h. desta tarde.

O incendio entrou por Portugal ás 06,55 h. desta mañá e, segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de arredor de 150 hectáreas. No seu control traballaron 1 técnico, 7 axentes, 7 brigadas, 2 motobombas, 2 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre