Inicio Galicia Controlado o incendio forestal do concello coruñés de Boiro, parroquia de Lampón

Controlado o incendio forestal do concello coruñés de Boiro, parroquia de Lampón

0

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 80 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no concello coruñés de Boiro, parroquia de Lampón, quedou controlado ás 15,15 h. deste mediodía.

O incendio iniciábase ás 23,41 h. de onte e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie dunhas 80 hectáreas. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. No control deste incendio levan traballado 1 técnico, 9 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre