Inicio Galicia Controlado o incendio forestal do concello coruñés da Pobra do Caramiñal, parroquia...

Controlado o incendio forestal do concello coruñés da Pobra do Caramiñal, parroquia de Lesón

0

Segundo as últimas medicións con GPS, afecta unha superficie de 47,29 hectáreas 

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no concello da Pobra do Caramiñal, parroquia de Lesón, quedou controlado ás 21,39 h., tras iniciarse ás 03,38 h. desta madrugada, polo que todo indica que foi intencionado.

Segundo as últimas medicións con GPS, este lume afecta unha superficie de 47,29 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse en total 6 axentes, 14 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 4 avións e 7 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre