Inicio Galicia Continúan as probas de selección para a cobertura de 149 prazas de...

Continúan as probas de selección para a cobertura de 149 prazas de auxiliares de policía local

0

Esta tarde celebrouse o exame teórico na sede da Academia Galega de Seguridade Pública de Galicia (AGASP)

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) acolleu esta tarde a proba teórica do proceso de selección para a cobertura de 149 prazas de auxiliares de policía local.

Para as probas de hoxe están convocados 302 aspirantes, que deberán realizar un exame con preguntas sobre o temario, que inclúe aspectos como as funcións dos auxiliares, as ordenanzas, o tráfico e a seguridade viaria ou a tipoloxía de delitos máis comúns.

Continúa así o proceso que comezou o domingo pasado, cando se realizou a primeira proba, a de aptitude física.

As persoas aspirantes aprobadas e as incluídas na lista de reserva deste proceso selectivo deberán superar posteriormente un curso de formación teórico-práctico na AGASP como requisito indispensable para ser contratadas como auxiliares de policía local.

Proceso de selección unitarioA finais do ano 2017 a Xunta aprobou e publicou o decreto 115/2017 para regular a cooperación da Xunta cos concellos que, voluntariamente, decidan delegar na Administración autonómica a selección dos seus corpos de Policía Local. O obxectivo desta iniciativa é aforrar xestións, orzamento e tempo ás entidades locais, ao tempo que se dota ao proceso de maior transparencia e axilidade. Ademais, a confección de listas única facilita tamén a contratación.

Así, o ano pasado foi a primeira vez que se levaron á práctica estes procesos unitarios, cun alto grao de satisfacción. Entre maio e xuño de 2018 celebráronse as primeiras probas de auxiliares, con 109 prazas ofertadas. En novembro de 2018 comezou o proceso de selección para a categoría de policía local.

A día de hoxe xa son 69 os concellos que delegaron na Xunta de Galicia a selección do seu persoal de policía local.

Está previsto que nos próximos días saia publicada a convocatoria para a cobertura de 152 prazas da categoría de policías locais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre