Inicio Galicia Constituído o grupo de traballo da Comisión de Xogo no que participan...

Constituído o grupo de traballo da Comisión de Xogo no que participan todos os sectores involucrados

0

Están integrados representes das consellerías de Educación, Política Social e Sanidade, a subdirección de Xogo e Espectáculos, asociacións de loita contra as adiccións, universidade e distintos sectores de xogo e apostas

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor asistiu esta mañá á reunión onde se constituíu o grupo de traballo da Comisión de Xogo, no que están representados sectores cuxas achegas son necesarias no que se refire á prevención e loita contra as condutas aditivas derivadas do xogo patolóxico.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior iniciou este ano os traballos para a elaboración e redacción dunha nova Lei de Xogo. Coa finalidade de colaborar, asesorar e participar activamente na concreción final dese texto, crease este grupo de traballo para analizar o novo texto legal con especial atención á perspectiva do xogo responsable e emitir propostas para o seu debate na Comisión de Xogo de Galicia.

Do Grupo de Traballo forman parte representes da consellería de Educación, da consellería de Política Social, da consellería de Sanidade, da subdirección de Xogo e Espectáculos, das Asociacións de Loita contra as adiccións, da Universidade e dos distintos sectores de xogo e apostas. O grupo de traballo reunirase sempre que sexa necesario a proposta de calquera dos seus membros e polo menos unha vez ao trimestreA Administración e a sociedade é consciente da preocupación social que se está xerando ultimamente co tema do xogo e sobre todo coa publicidade e co acceso dos menores aos locais de xogo e as apostas on line, polo que a través deste grupo de traballo, o que se pretende é analizar a problemática que xera o xogo, sobre todo coa publicidade e co acceso dos menores aos locais de xogo e as apostas on line.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Neste Grupo de Traballo trataranse aqueles aspectos concretos da norma que podan ter relación directa co xogo responsable como os principios reitores da actividade dos xogos, as políticas de xogo responsable, a publicidade, o control de acceso e o réxime sancionador, sen prexuízo de que poda ser tratado especificamente calquera tema que os membros consideren de interese.


- Te recomendamos -