Inicio Galicia Constituído en Santiago o Consello Reitor do Instituto de Seguridade e Saúde...

Constituído en Santiago o Consello Reitor do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

0


Esta mañá constituíuse en Santiago de Compostela o Consello Reitor do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) nunha xuntanza na que, ademais, se fixo balance das principais actuacións deste órgano en consonancia coa Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020. Tamén se acordou por unanimidade aprobar a proposta de Plan de actividades para 2020 onde se recollen as principais liñas de actuación do organismo para promover a difusión, seguimento e control da prevención de riscos laborais no tecido empresarial galego. O plan presentarase proximamente, unha vez sexa aprobado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Un dos principais obxectivos tanto da Xunta de Galicia como dos axentes socioeconómicos será impulsar a prevención de riscos laborais para combater a sinistralidade, poñendo o acento na súa orixe.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre