Inicio Galicia Constitúese o xurado do concurso de ideas para a remodelación interior do...

Constitúese o xurado do concurso de ideas para a remodelación interior do Complexo Administrativo de San Caetano

0

A comisión técnica reunirase a mediados de xullo, para que a finais deste mes o xurado poda someter a votación o informe de valoración de dita comisión


Hoxe quedou constituído o xurado encargado de seleccionar o proxecto gañador do concurso de ideas para a remodelación interior do Complexo Administrativo de San Caetano. O grupo seleccionador elixirá o plan que mellor cumpra a finalidade de acadar un Complexo Administrativo moderno: con espazos adaptados á realidade actual, que ofreza unhas mellores condicións para os traballadores e que facilite unha mellor atención e servizo para os centos de persoas que cada día pasan pola sede da Xunta en Santiago de Compostela.

No acto de hoxe, comunicouse a análise das 24 propostas presentadas, avaliadas previamente polos membros da comisión administrativa, e anunciouse que Carlos Quintáns Eiras é o arquitecto elixido polos concursantes para formar parte do xurado que seleccionará finalmente o proxecto gañador. Ademais, acordouse que a comisión técnica se reúna de novo a mediados de xullo, coa finalidade de que a finais deste mes eleven o seu informe ó xurado para a votación final. Destas 24 ofertas presentadas, oito delas quedaron excluídas por vulnerar o seu anonimato.

O xurado ten como presidenta á secretaria xeral técnica da Vicepresidencia da Xunta e como secretaria ao titular da subdirección xeral de Xestión Económico – Administrativa da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia. Como vogais formarán parte o titular da xefatura de servizo de obras e proxectos da consellería de Presidencia, dous arquitectos propostos pola consellería de Infraestruturas e Mobilidade e polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, un arquitecto elixido a proposta dos concursantes e dous arquitectos en representación do COAG. Ademais haberá un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e un representante da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta.

O gañador será o encargado de redactar o proxecto e dirixir a obra, a través dun contrato de 860.000 euros. Os galardoados cos segundos e terceiro premio, ou con algún dos tres accésits, tamén contarán cun premio. O concurso valorará especialmente unha serie de requisitos, como aproveitar a luz natural e priorizar as zonas diáfanas; que se leve a cabo en fases para permitir seguir a traballar no complexo; que se garanta a accesibilidade; que os espazos sexan flexibles; que se aproveiten as instalacións xa existentes e que haxa un bo sistema de arquivo de documentación, entre outras cuestións.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre