Inicio Galicia Constitúense con normalidade as mesas electorais das confrarías de pescadores de Galicia

Constitúense con normalidade as mesas electorais das confrarías de pescadores de Galicia

0

A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar sinalou que nas confrarías do Vicedo, Fisterra, Sada e Mera non foi necesario votar porque o número de candidatos coincide co número de vogais que teñen que ser elixidos


O proceso electoral para a renovación dos órganos reitores das confrarías de pescadores de Galicia transcorre con normalidade. As mesas electorais constituíronse a primeira hora sen ningún tipo de problema e as incidencias foron mínimas. Así o destacou a secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Isabel Concheiro, que lembrou que este proceso electoral se desenvolve de xeito simultáneo en todas as confrarías de Galicia.

Segundo explicou Isabel Concheiro, en catro das 63 confrarías de pescadores que hai en Galicia —O Vicedo, Fisterra, Sada e Mera— non foi necesario votar porque o número de candidatos coincide co número de vogais que teñen que ser elixidos.

A secretaria xeral técnica lembrou que a xornada electoral comezou ás 10:00 horas da mañá e que a Consellería do Mar está en constante comunicación coas confrarías. Ademais explicou que as comisións electorais permanecerán abertas un mínimo de catro horas e un máximo de oito horas -ben ininterrompidamente ou cun receso intermedio- segundo o estableza o plan electoral de cada confraría aprobado e ratificado pola Consellería do Mar. Ademais lembrou que as confrarías teñen ata o luns para remitir as actas cos escrutinios á Consellería do Mar, pois tal e como se establece na orde do 29 de abril de 2014, os secretarios/as de cada confraría deberán levantar acta inmediatamente cos resultados das votacións e remitilas no prazo das 24 horas seguintes (sen ter en conta o domingo) ao día das eleccións.

Leer más:  Manuel Gallego, alcalde de Taboadela (Ourense) durante casi 50 años, ha fallecido

Trala xornada de hoxe, a data límite para a constitución da xunta xeral e a elección provisional do patrón maior é o 15 de outubro. O 25 de outubro esta elección deberá ser definitiva e o 26 de outubro será a toma de posesión dos patróns maiores.


- Te recomendamos -