Inicio Galicia Conde subliña que o proxecto de Biomasa AP demostra que as rexións...

Conde subliña que o proxecto de Biomasa AP demostra que as rexións que queiran ser competitivas e garantir o seu futuro deben colaborar a través da investigación e a innovación

0

O vicepresidente económico, Francisco Conde, interveu no webinario de presentación de resultados deste proxecto transfronterizo no que participaron nove socios de Galicia e do Norte de Portugal e que contou cun investimento de 2,5M€

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou esta mañá, no webinario de presentación de resultados do proxecto transfronteirizo Biomasa AP, que esta iniciativa desenvolvida por Galicia e o Norte de Portugal demostra que as rexións que queiran ser competitivas e garantir o seu futuro deben colaborar a través da investigación e a innovación.

Durante os últimos tres anos un total de cinco socios galegos (Xera e Inega, xunto con Energylab, a Universidade de Vigo e Feuga) e catro do Norte de Portugal (Instituto politécnico de Viana do Castelo, Instituto de Ciência e Inovaçao em Engenharia Mecânica e Engenharia Industrial, Agência de Energia do Cávado e Agência Regional de Energia e Ambiente do Alto Minho) traballaron no proxecto Biomasa AP.

Cun investimento conxunto de 2,5M€ e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) a través do Programa Interreg V-A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020, a iniciativa permitiu aos centros participantes mellorar as súas capacidade de I+D para optimizar a explotación e uso da biomasa procedente dos restos da poda forestal de matogueiras, vide e kiwi. Conde destacou que o traballo realizado permitiu crear unha Rede transfronteiriza de biomasa e mellorar a formación neste eido.

O vicepresidente económico tamén salientou o carácter colaborativo e innovador deste proxecto que busca novas oportunidades para a industria forestal. Neste sentido, lembrou que a Xunta puxo en marcha en 2014 a Estratexia da biomasa forestal con fins térmicos para impulsar a utilización deste recurso autóctono renovable que permite xerar calor en empresas e vivendas a prezos moi competitivos e que permitiu instalar 7000 caldeiras e actuar en 72 edificios públicos.

Conde tamén explicou que a Xunta está comprometida coa industria forestal e co impulso do uso da madeira non só na construción, senón promovendo novos usos e novos produtos. Así destacan os proxectos incluídos na candidatura aos fondos de recuperación Next Generation para a instalación dunha planta de fibras téxtiles a través da viscosa ou para avanzar na dixitalización e modernización do sector, así como na promoción da economía circular.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre