Inicio Galicia Conde subliña o papel dos xeólogos na planificación dunha minaría responsable, respectuosa...

Conde subliña o papel dos xeólogos na planificación dunha minaría responsable, respectuosa e competitiva

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, recoñece no acto de entrega de medallas do Colexio de Xeólogos a implicación desta institución na creación da plataforma Minaría Sostible de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe o papel que xogan profesionais como os xeólogos á hora de planificar unha minaría responsable, respectuosa e competitiva. Neste sentido, Conde, que participou no acto de entrega de medallas do Colexio Oficial de Xeólogos, recoñeceu a implicación desta institución que celebra o seu 40º aniversario na posta en marcha da plataforma Minaría sostible de Galicia.

Esta plataforma, na que colaboran tamén a Escola de Enxeñeiros de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo; a Cámara Oficial Mineira de Galicia, e un amplo grupo de organismos e asociacións vinculadas a este sector en Galicia, pon o foco do debate, tal e como sinalou o conselleiro, en como debe ser a minaría: compatible co medio ambiente, co desenvolvemento do rural, e co aproveitamento racional, ordenado e eficiente dos recursos.

Conde destacou que se trata dun sector clave e estratéxico para a economía de Galicia, a terceira autonomía española en produción mineira, co 14% do total. A Comunidade destaca pola súa especialización na industria extractiva, co 41% das rochas ornamentais do conxunto estatal. Ademais da lousa e do granito, Galicia tamén é un referente cando se fala de áridos, e ten máis de 300.000 mananciais de auga e conta con importantes reservas doutros minerais como arxilas e cuarzo. Esta extensa fonte de recursos é o que fai que, a través deste sector, a Comunidade contabilice 11.200 postos de traballo.

Tal e como sinalou o conselleiro, a minaría está presente en practicamente todas as comarcas e tira doutras ramas de actividade como a construción. Esta industria está tamén vinculada á I+D, e certos minerais como o cuarzo ou o litio van xogar un importante papel na electrificación do parque automobilístico mundial.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre