Inicio Galicia Conde subliña a unidade clara e a visión compartida entre a Xunta...

Conde subliña a unidade clara e a visión compartida entre a Xunta e a industria electrointensiva para presentar as alegacións ao estatuto do Goberno

0

Na xuntanza, o conselleiro tivo ocasión de avaliar coas empresas o documento, como tamén fixo onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nun encontro cos traballadores de Alcoa San Cibrao


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe a “unidade clara e a visión compartida” entre a Xunta e a industria electrointensiva á hora de presentar as alegacións ao Estatuto do Goberno para que se poida establecer un prezo eléctrico competitivo. Así o manifestou logo de manter un encontro con representantes das principais empresas galegas deste sector.

Na xuntanza, o conselleiro tivo ocasión de avaliar coas elas o Estatuto do Goberno, como tamén fixo onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nun encontro cos traballadores de Alcoa San Cibrao. A conclusión, segundo Conde, é que o Goberno perdeu máis dun ano nun Estatuto que non dá resposta ao que esta industria precisa e demanda.“Trátase de ter unhas medidas que realmente reflictan as necesidades que neste momento teñen as empresas, máis, nun contexto no cal o borrador nos pon nunha situación peor que a de partida”, abondou. Segundo dixo, o escenario é peor porque “as empresas electrointensivas que máis axudas necesitan reciben menos e, ao mesmo tempo, ábrese a máis de 450 empresas que antes non estaban no sistema de consumidores electrointensivos para que se poidan beneficiar”.

Neste sentido, lamentou que, ao incrementar o número de posibles empresas beneficiarias, o Goberno non estea a mostrar con Galicia a mesma sensibilidade que con outras comunidades como Cataluña e País Vasco, prexudicando ás industrias galegas que consomen máis electricidade.

O conselleiro censurou que o Goberno estea a utilizar a política enerxética como “un instrumento de discriminación territorial” cando neste proceso de transición enerxética a prioridade ten que ser o emprego e dar resposta ás necesidades o sector. “O Goberno estalle dicindo un non á industria electrointensiva en Galicia e en España”, enfatizou, para sinalar que deixa de lado medidas que xa se están aplicando noutros países.

Medidas como as que Galicia vai presentar como alegacións e que incidirán na necesidade de categorizar os consumidores electrointensivos incluíndo a figura do hiperelectrointensivo; en establecer medidas compensatorias en función da categoría do consumidor e compensacións polas emisións de indirectas de dióxido de carbono nos importes máximos previstos na normativa comunitaria; e, ademais, no mantemento do servizo de interrompebilidade.

Fronte a isto, criticou que o borrador presentado polo Executivo central non recoñece a figura do consumidor hiperelectrointensivo, nin recolle descontos nas peaxes de transporte, nin a compensación do imposto de xeración e tampouco garante a rebaixa do prezo eléctrico ata os 35-40 euros por megavatio/hora.

As alegacións que vai presentar Galicia “cunha única voz”, proseguiu, son “previsibles, porque xa llas temos trasladado ao Goberno; realistas, porque buscan encontrar un prezo competitivo; e legais, porque son medidas que xa se están aplicando noutros países de Europa”. “É cuestión de vontade política”, dixo, e reiterou que de non ser incluídas no borrador do Estatuto, “faise inviable o sector”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre