Inicio Galicia Conde sinala o proxecto Galitex como exemplo para o impulso da formación...

Conde sinala o proxecto Galitex como exemplo para o impulso da formación e mellora da empregabilidade das traballadoras do sector téxtil da comarca de Ordes

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta mañá á xornada de clausura desta iniciativa da Xunta, cofinanciada pola Unión Europea, que se celebrou durante os últimos dous anos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Ordes á xornada de clausura do proxecto Galitex, unha iniciativa da Xunta cofinanciada pola Unión Europea para a reinserción laboral das persoas afectadas polo desemprego no sector téxtil desta comarca. Na súa intervención, Conde sinalou que o proxecto Galitex é o exemplo de como converter un problema, como a perda de traballo, nunha oportunidade para impulsar a formación e mellorar a empregabilidade dos traballadores desta zona.

Tal e como asegurou Conde, quen agradeceu o seu traballo aos axentes sociais e ao equipo implicado no proxecto e tamén aos participantes pola súa valentía por emprender un novo camiño laboral, Galitex amosou que calquera momento é bo para mellorar a cualificación profesional e comezar unha nova traxectoria. Neste sentido, este proxecto ofreceu aos participantes un diagnóstico inicial, axuda especializada na busca activa de emprego, formación tanto en competencias básicas como transversais, así como para a recualificación profesional e para a especialización no téxtil; accións de intermediación laboral; incentivos e un seguimento personalizado. Das 136 persoas que participaron de xeito activo, actualmente o 45% está traballando, 7 de cada 10 en sectores diferentes ao téxtil.

O conselleiro subliñou a aposta da Xunta por contar cunha Galicia máis preparada, capaz de crear emprego de calidade, para o que se prevé destinar en 2020 máis de 260 M€ para accións relacionadas coa formación, a orientación, o emprego autónomo, pero tamén dirixidas cara aos colectivos con máis dificultades á hora de atopar emprego como a mocidade ou as mulleres.

Neste sentido, e dado que o 90% das participantes en Galitex foron mulleres, ratificou o compromiso do Goberno galego coa mellora do emprego feminino. A pesar de que actualmente o desemprego feminino descende e hai preto de medio millón de mulleres afiliadas á Seguridade Social (case a metade do total) e sete de cada dez teñen un contrato indefinido, é preciso dedicar un maior esforzo a este colectivo, polo que en 2020 incluiranse novas medidas como un programa específico para promover a implantación de plans de igualdade nas empresas e un novo programa para impulsar unha maior presenza da muller na industria e en sectores nos que ten unha menor representación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre