Inicio Galicia Conde resalta que os premios Semente demostran que Galicia emprende e que...

Conde resalta que os premios Semente demostran que Galicia emprende e que o fai poñendo de manifesto as oportunidades que ofrece o rural

0

Considera que estes recoñecementos son un bo síntoma de que a pesar das difíciles circunstancias actuais “Monforte e A Ribeira Sacra non paran, nin Galicia para”

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe en Monforte de Lemos que os Premios Semente da Ribeira Sacra reivindican o talento e o espírito emprendedor desta comarca e demostran que Galicia emprende e o fai poñendo de manifesto as oportunidades que ofrece o rural.

Conde indicou que, como xa ocorreu nas edicións anteriores, tanto nos proxectos finalistas como nos tres gañadores volve estar presente a innovación, o desenvolvemento sustentable, a economía circular ou a agricultura ecolóxica, o que considerou un bo síntoma de que a pesar das difíciles circunstancias actuais “Monforte e A Ribeira Sacra non paran, nin Galicia para”.

O vicepresidente económico agradeceu á asociación Semente de Monforte, organizadora deste certame, que con esta iniciativa estea a tecer unha rede de apoio ao emprendemento cada vez máis extensa e a partir da colaboración público-privada. O seu impulso, dixo, é a semente para que os proxectos que participan en cada edición poidan consolidarse e facerse un oco no mercado.

Esa mesma semente é a que a Xunta está poñendo no tecido empresarial galego a través do Plan de reactivación económica para impulsar a innovación e o emprendemento no tecido produtivo e facer que a economía galega creza de forma sólida e sustentable.

Conde concluíu sinalando que os emprendedores son o motor da actividade económica e que cada proxecto feito en Galicia que chega ao mercado é un triunfo de todos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre