Inicio Galicia Conde reivindica en Monforte o potencial innovador e creativo da Ribeira Sacra...

Conde reivindica en Monforte o potencial innovador e creativo da Ribeira Sacra e a importancia dos seus emprendedores como garantía de crecemento do tecido produtivo

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na presentación dos proxectos participantes nos VI Premios Semente, que este ano inclúe a 7 concellos da Ribeira Sacra

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Monforte de Lemos na presentación dos VI Premios Semente, uns galardóns chamados a recoñecer o talento innovador de toda a comarca e a estimular a comunicación entre os concellos participantes para fomentar proxectos comúns.

Os Premios Semente creáronse en 2014 co propósito de prestar apoio ás iniciativas fundamentadas sobre a transformación do tecido produtivo de Monforte e centradas no desenvolvemento económico, e nas súas cinco entregas concorreron xa máis de 400 proxectos. Se ben nas anteriores edicións se limitaron ao concello de Monforte de Lemos, este ano o premio expándese a sete concellos da Ribeira Sacra, incluíndo Monforte, Chantada, A Pobra do Brollón, Sober, Pantón, O Saviñao e Bóveda.

O titular de Economía, Emprego e Industria destacou o esforzo dos emprendedores da comarca por fomentar un modelo industrial baseado na innovación, na sustentabilidade e na formación, asegurando así oportunidades de riqueza e emprego de calidade para toda a comarca.

Así mesmo, Conde salientou o compromiso da Xunta por apoiar o emprendemento. Isto reflíctese en iniciativas como os espazos de coworking realizados coa Escola de Organización Industrial (EOI), que en 4 convocatorias contaron coa participación de case un cento de emprendedores (97) con 82 proxectos, 32 dos cales xa comezaron a súa actividade industrial, creando ou mantendo 58 empregos.

Apoios da Xunta á Ribeira SacraA Xunta conta con liñas de axuda para apoiar o emprendemento en toda a Comunidade e nas que teñen tomado parte os concellos participantes nos Premios Semente deste ano, incluíndo o programa Galicia Emprende, o Galicia Rural Emprende, ou diversos préstamos para a implementación de iniciativas, cun investimento total de 1,7 millóns de euros entre os sete concellos durante os últimos catro anos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre