Inicio Galicia Conde reivindica a necesidade da innovación e o espírito emprendedor como grandes...

Conde reivindica a necesidade da innovación e o espírito emprendedor como grandes soportes do crecemento empresarial de Galicia

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta tarde en Oleiros á entrega dos XX Premios AJE A Coruña

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta tarde en Oleiros á entrega dos XX Premios AJE A Coruña, onde destacou que os emprendedores representan un estímulo para a xeración de riqueza e de emprego de calidade, ademais de fomentar o desenvolvemento dunha Galicia máis competitiva, abrindo novas liñas de mercado e apostando pola internacionalización dos produtos.

A este respecto, nesta lexislatura creáronse máis de 5300 novas empresas na provincia da Coruña, case cinco ao día, o 43% das que se constituíron en toda a Comunidade galega. Estas empresas contaron cun capital investido que supera os 340 millóns de euros, máis dun terzo do que se investiu en toda Galicia.

Para estimular o emprendemento, a Comunidade galega conta coa Lei de implantación empresarial que facilita a tramitación e o investimento, con bonificacións fiscais nos impostos locais de ata o 95% para os Concellos Emprendedores; apoio integral aos emprendedores ofrecendo servizos, espazos de traballo, medios técnicos e financiamento; así como unha rede de aceleradoras entre as que se atopan case 1000 proxectos apoiados nos últimos anos.

Conde finalizou a súa intervención chamando a construír unha Galicia máis preparada e máis innovadora que permita “trasladar a mentalidade do emprendedor á cultura empresarial galega”, nun modelo de futuro baseado na diferenciación e na consistencia e que permita, ao mesmo tempo, incentivar e atraer novo talento.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre