Inicio Galicia Conde pon en valor a proxección internacional de Galicia e a súa...

Conde pon en valor a proxección internacional de Galicia e a súa aposta por ser un referente en innovación industrial

0


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe en Santiago, na súa participación no Comité Internacional de Applus, a aposta de Galicia por ser un referente en innovación industrial e por seguir aumentando a súa proxección no estranxeiro.

O titular de Economía agradeceu a aposta de Applus polo talento e as capacidades da industria galega salientando que a Marca Galicia cotiza ao alza no mercado internacional porque ofrece o valor engadido da innovación nos seus sectores estratéxicos. É o caso da automoción, un eido no que Applus está apostando a través do labor que se realiza no Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), traballando da man para desenvolver solucións innovadoras relacionadas coa Industria 4.0.

Conde apuntou que o Goberno galego comparte este traballo lembrando as políticas que está poñendo en marcha a Xunta no ámbito da Industria 4.0 e resaltando que a automoción, un sector con 20.800 traballadores directos e cun nivel de exportacións que supón o 32% do total de Galicia, está encabezando esta transformación. O conselleiro de Economía indicou, en definitiva, que a Administración autonómica traballa por ser unha terra de acollida para as empresas que busquen talento e competitividade a través da Lei de implantación empresarial, que ofrece máis axilidade na tramitación dos proxectos industriais.  

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

- Te recomendamos -