Inicio Galicia Conde invita a Gradiant e Telefónica a manter o espírito de colaboración...

Conde invita a Gradiant e Telefónica a manter o espírito de colaboración con Galicia presentando propostas coas que optar aos fondos europeos de reconstrución

0

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Vigo na presentación do balance da primeira fase da Unidade Mixta de Investigación (UMI) Irmas, que terá continuidade durante os próximos tres anos cunha segunda etapa de consolidación

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, invitou esta mañá en Vigo a Gradiant e Telefónica a manter o espírito de colaboración coa Xunta, que demostraron no desenvolvemento da Unidade Mixta de Investigación (UMI) Irmas, presentando propostas coas que Galicia poida optar aos fondos europeos de reconstrución.

Conde participou hoxe no acto de clausura desta UMI na que se anunciou a súa continuidade outros tres anos máis, o que suporá un total de 4M€ de mobilización, dos que a Xunta achega 1,22. As unidades Irmas e Irmas 2 están centradas en desenvolver solucións para que as empresas poidan mellorar os seus procesos de manexo de datos con todas as garantías de seguridade. No marco deste proxecto creouse o primeiro Centro de Ciberseguridade de Galicia, o Tegra. Polo momento, o traballo nesta unidade permitiu, ademais, manter ou crear 25 empregos.

O vicepresidente económico subliñou a importancia de traballar no eido da ciberseguridade tendo en conta a maior dependencia que ten e vai ter o tecido empresarial das infraestruturas tecnolóxicas debido ao actual contexto de transformación dixital. Neste sentido, destaca o labor de Gradiant liderando a primeira e única Rede Nacional de excelencia en Tecnoloxías de Seguridade e Privacidade (Égida).

Conde finalizou solicitando tanto a Gradiant como a Telefónica a súa participación no Polo para a Transformación de Galicia como parte activa dos proxectos cos que a Comunidade quere optar aos fondos de reconstrución Next Generation, especialmente no eixe destinado á transformación dixital.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre