Inicio Galicia Conde insta ao Goberno a actuar con determinación e a dar unha...

Conde insta ao Goberno a actuar con determinación e a dar unha resposta efectiva para garantir a actividade industrial de Ferroatlántica

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza co comité de empresa de Cee-Dumbría e esta tarde recibirá ao da planta de Ferroatlántica en Sabón

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, trasladou hoxe aos traballadores de Ferroatlántica a súa preocupación pola falta dunha axenda industrial por parte do Estado que dea estabilidade ao prezo da electricidade. Demandou, así, ao Goberno de Pedro Sánchez unha determinación firme e unha resposta efectiva e concreta para Ferroatlántica, insistindo na necesidade de elaborar un estatuto do consumidor electrointensivo que teña en conta as aportacións realizadas desde Galicia.

Na xuntanza que Conde mantivo co comité de empresa de Cee-Dumbría, e que continuará esta tarde co da planta en Sabón, destacou que a orixe dos problemas que está a vivir a industria electrointensiva é o mesmo: a falta de estabilidade no prezo da electricidade. Así, resaltou que na actualidade existe “unha situación de urxencia” desde o punto de vista industrial polo que pediu ao Estado que “pase dunha situación de incerteza a unha resposta efectiva”. Insistiu na necesidade de actuar con determinación, como o está a facer a Xunta, para defender o emprego e a actividade industrial, sinalando o papel de “cómplice silencioso” do Ministerio para a Transición Ecolóxica ante a falta de solucións concretas ao prezo da electricidade.

O titular de Economía explicou que a Xunta comparte cos comités de empresa que a solución pasa por dar certezas ao prezo da electricidade e recalcou que o Goberno galego seguirá ao lado dos traballadores para defender os seus dereitos na mesa de negociación.

Conde, ademais, apuntou que despois de catro meses non hai ningunha resposta por parte do Estado sobre a elaboración dun estatuto do consumidor electrointensivo, o que cualificou de “irresponsabilidade”.

A Xunta defende un Estatuto do consumidor electrointensivo que defina os diferentes tipos de consumidores; que reduza nun 90% os peaxes de acceso na parte relativa ao custo do transporte; e establecendo mecanismos de compensación por emisión de CO2 de carácter trimestral. Para Conde todas estas medidas deberían aplicarse o antes posible e con carácter retroactivo desde o pasado 1 de xaneiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre