Inicio Galicia Ourense Conde destaca que o coworking de Ourense abre novas oportunidades para a...

Conde destaca que o coworking de Ourense abre novas oportunidades para a industria

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, clausurou hoxe o demoday desta iniciativa na que participan 18 proxectos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou, durante a clausura do demoday do coworking de Ourense, que este espazo abre novas oportunidades ao sector forestal.

Cunha participación de 18 proxectos, este espazo especializouse nesta industria estratéxica da economía galega, facilitando asesoramento e formación aos emprendedores para madurar as súas ideas de negocio. Xunto co coworking do Salnés, especializado en turismo e gastronomía, esta aceleradora emprazada no CIS Madeira, en San Cibrao das Viñas, foi unha das novidades da segunda edición desta iniciativa. Conde avanzou que se van desenvolver outras dúas convocatorias máis.

Tal e como explicou o conselleiro, o coworking forma parte desta rede que en Galicia, grazas á colaboración da Xunta e da Escola de Organización Industrial (EOI), xa ten permitido consolidar 303 proxectos promovidos por 370 emprendedores galegos. Estas iniciativas contribúen a dinamizar a economía e emprego dos concellos máis pequenos, así como aproveitar os recursos de cada zona para crear novas oportunidades e fixar poboación.

Leer más:  O mal tempo non frea aos peregrinos: Santiago recibe 4.000 camiñantes antes do arranque dos festivos

Conde asegurou que estes espazos xeran o clima de confianza preciso para poñer en marcha un negocio á vez que se fomenta o traballo colaborativo, superando a eiva de emprender en solitario.

Neste caso, o forestal ten un especial protagonismo no coworking de Ourense, co obxectivo de xerar novas oportunidades nesta industria con potencial de crecemento e que xa representa o 2% do PIB galego, un 2,3% do emprego e que conta con 4000 empresas de primeira e segunda transformación que facturan máis de 2000 millóns de euros ao ano.

Froito deste compromiso co seu desenvolvemento, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ademais de crear a Axencia Galega de Industria Forestal ou este coworking, ten activado nestes catro primeiros meses do ano un total de 20M€ en axudas relacionadas co forestal a través de Aprol Rural; os obradoiros duais, que combinan formación e contratación nas emrpesas; e os apoios para a adquisición de nova maquinaria. Na súa intervención, o conselleiro lembrou o compromiso da Xunta co emprendemento e sinalou o seu importante papel na consolidación da recuperación económica na Comunidade. Neste sentido, insistiu en que o Goberno galego busca ser unha administración facilitadora con medidas como as que se recollen na Lei de implantación empresarial e que, coa colaboración dos Concellos Emprendedores, permitirán outorgar máis simplificación administrativa, máis facilidades ao acceso ao solo e mellor fiscalidade ás empresas que se implanten neles.

Leer más:  Cierran la Playa de As Catedrais este jueves por el fuerte temporal

- Te recomendamos -