Inicio Galicia Conde destaca que as Directrices enerxéticas de Galicia fomentan as enerxías renovables,...

Conde destaca que as Directrices enerxéticas de Galicia fomentan as enerxías renovables, o aforro, a eficiencia e a mobilidade sustentable

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Vigo na xornada sectorial ‘Directrices enerxéticas de Galicia: cara unha economía verde’, organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Vigo na xornada sectorial Directrices enerxéticas de Galicia: cara unha economía verde, organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia, a través do seu Foro de Enerxía e Medio Ambiente, onde puido compartir o contido das Directrices Enerxéticas de Galicia, a folla de ruta para impulsar un novo modelo enerxético na Comunidade galega.

Conde explicou que a transición enerxética ten que camiñar cara a unha enerxía máis limpa fundamentada nas enerxías renovables e a través de medidas que fomenten o aforro e a eficiencia enerxética e cara unha mobilidade máis sostible que permita a introdución do vehículo eléctrico e o desenvolvemento de enerxías vinculadas co gas. Subliñou, ao respecto, que a través da mobilidade sostible conseguirase un menor impacto medio ambiental. En palabras de Conde, estes retos son eixos principais das Directrices Enerxéticas de Galicia que se fundamentan “nas enerxías renovables, no aforro e na eficiencia enerxética e na mobilidade sostible”.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Para acadar estes obxectivos, a Administración autonómica ten previsto un investimento de 3000 millóns de euros nos próximos tres anos que, segundo apuntou Conde, permitirá con accións concretas o incremento da capacidade renovable en 1200 megavatios, o que suporá un investimento de 1300 millóns de euros. Segundo engadiu o conselleiro, isto permitirá que “a nosa enerxía, a nosa economía, sexa máis verde e máis renovable”. Tamén garante, tal e como afirmou, que “Galicia está aportando a este novo modelo e a esta transición enerxética”.

O titular de Economía apuntou, así mesmo, que neste novo modelo enerxético é preciso dar unha resposta concreta ás necesidades dos consumidores e das empresas desde o punto de vista da competitividade da industria e desde o punto de vista do impacto económico e social.

Para rematar, o conselleiro asegurou que estas directrices supoñen “unha aposta importante para a nosa competitividade e a nosa economía, e tamén para garantir unha economía máis sostible de cara ao futuro”.  


- Te recomendamos -